Contidos complementarios da asignatura de Linguaxe Musical II do nivel medio da ETRAD
miércoles, 21 de febrero de 2024
miércoles, 24 de enero de 2024
miércoles, 29 de noviembre de 2023
jueves, 9 de noviembre de 2023
1ª Partitura Curso 2023-24.
Moi boas
O enlace de máis abaixo é a primeira partitura que imos traballar este ano.
Como vedes, a rítmica non ten complicación, así tamén podedes fixarvos e traballar ben o nome das notas no pentagrama. Lembrade o meu consello: primeiro lede ritmicamente con palabras marcándovos un tempo de negra regular e calmado (non hai presa), despois seguides co mesmo tempo e só ledes as notas. Cando ambos exercicios estén ben feitos, xa podedes tentar ler notas máis ritmo. Podedes ir lendo de 4 en 4 compases, ou comezar por 4 e cando eses estén ben leídos ir sumandolle máis aos poucos.
IMPORTANTÍSIMO: a velocidade que collades ten q ser a adecuada para que poidades ter unha lectura fluída, sen sobresaltos, que poidades ler notas e ritmo ben, sen parar. Se ten que ser super lenta, pois que sexa. Recordade que o voso cerebro precisa ir acostumándose a un ritmo de recollida de información e un ritmo de asimilación .... e se ides demasiado rápido non ides ser capaces de ler seguido e, por tanto, ides a "mal acostumar" ao voso cerebro e entorpecer o aprendizaxe.
E aquí vos deixo unha web onde podedes traballar diferentes conceptos de linguaxe musical
A darlle con ánimo e fé!
6ª Partitura. Curso 23.24: Baixando para a Salgueira
Baixando para a Salgueira
-
Baixando para a Salgueira
-
Cadro de Intervalos